domingo, 12 de xuño de 2016

O que non son 6

Anxo Gil:

O que non son:
Non son príncipe nin princesa, nin heroe destemido.
Non son cabaleiro con espada.
Non son o que cede asento no metro.
O que desgraciadamente non son:
Desgraciadamente non son rico.
Desgraciadamente non son o mellor en todo.
O que grazas a Deus non son:
Grazas a Deus non son ditador que rompa a paz.
O que definitivamente non son:
Definitivamente non son un tolo.
Definitivamente non son un enfermo terminal.
Definitivamente non son quen se deixa levar.
O que non teño:
Non teño unha mansión chea de murmurios e sombras.
Non teño un lugar de recreo no verán.
O que non quero:
Non quero guerras nin conflitos.
O que non me gustaría:
Non me gustaría quedar só no mundo.
Non me gustaría vivir unha vida monótona.
O que me gustaría:
Gustaríame voar polo ceo azul.
Gustaríame viaxar polo mundo dos soños.
Gustaríame viaxar no tempo.
O que tiven:
Tiven pouco tempo.
O que teño:
Teño un recuncho ao que só eu podo ir.
Teño moito tempo por diante.
Teño soños que cumprir.
O que son:
Son un soñador.

Ningún comentario:

Publicar un comentario