domingo, 12 de xuño de 2016

O que non son 4

Laura Mariño:




Non son:
Non son ningún monicreque da sinal do paso de peóns.
Non son ningunha rapariga de carteis publicitarios.
Non son modelo, e que? Gústome así.
Non son ningunha imbécil manipuladora.
Non son unha mala rapaza.
Non teño:
Non  teño ningún rótulo co meu nome.
Cando me vexo e me toco ante o espello, non teño.
Non teño aprendiz.
Non teño domador.
Non quero:
Non quero un país de fadas.
Non quero un mundo fantástico e irreal.
Non quero.
Non me gustaría:
Non me gustaría que a muller seguise sendo infravalorada neste mundo.
Maltratada.
Gustaríame:
Gustaríame ser os ronseis das estrelas que alumean o ceo.
Gustaríame ser a portada do libro co mellor interior.
Teño:
Teño beleza interior e só eu o sei.
Son:
Son como son, e punto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario