venres, 10 de xuño de 2016

O que non son 2

Laura García Moldes:


O que non son é ordeada, nin teño unha deslumbrante intelixencia, 
e moito menos son unha persoa atenta.
En definitiva: non son un exemplo a seguir, unha adolescente 
modelo da miña xeración.

O que non teño son grandes riquezas.
Non teño ideas que me farán millonaria.
Non teño medios para arranxar todos os problemas que quero. 
Non teño o control do tempo.

O que non quero é sentir agobio ou preocupación.
Non quero sufrir polas miñas decisións.
Non quero xente contaminada ao meu arredor.

Aquilo que non me gustaría sería non volver ver o alborexar. Non me gustaría converterme naquilo que odio. Non me gustaría cambiar 
por alguén.
Pero faría calquera cousa por ser invisible ás veces. Gustaríame voar, e debuxar durante 24horas. Gustaríame volver a momentos sinxelos, pero únicos, 
onde coñecín a felicidade.

                               Quero mellorar, persoal, e a nivel artístico.                                      
     Quero viaxar a lugares que nunca olvide.

Pero que teño?  
Teño as mellores persoas ao meu lado.
Teño gañas.
Teño pernas para correr ata onde aguanten.

Que son?   
Son o que somos todos, un cúmulo de erros intentándoo facer o mellor
que ser.
Son un gran deserto no medio da tormenta.

Ningún comentario:

Publicar un comentario