xoves, 9 de xuño de 2016

O que non son 1

Cristina Costela Seara:




O QUE NON SON, O QUE NON TEÑO, O QUE NON QUERO, O QUE NON ME GUSTARÍA E O QUE ME GUSTARÍA, O QUE TEÑO, O QUE SON

O que non son:
Non son de xulgar polas aparencias.
Non son ningunha princesa que agarda polo seu príncipe.
Non son o corpo perfecto.
O que non teño, pero:
Non teño o corpo da Barbie, pero tampouco quero.
Non teño a Ken, pero libre estou mellor.
O que non quero:
Non quero ser o centro de atención.
Non quero dietas nin básculas.
Non quero ter medidas 90-60-90.
O que non  me gustaría:
Non me gustaría que me criticasen polo meu peso.
Non me gustaría que me comparesen.
O que me gustaría:
Gustaríame que non existisen os estereotipos.
Gustaríame que me aceptasen como son.
O que teño:
Teño defectos.
O que son:
Son unha muller imperfecta.
Son eu!

Ningún comentario:

Publicar un comentario