sábado, 19 de setembro de 2015

Se eu fose un libro

Se eu fose un libro...
A partir deste libro, o alumnado de 4º de ESO escribe o que lles gustaría a cadaquén, se fosen un libro. 



gustaríame estar nas mans dos rapaces necesitados para sacarlles un sorriso (María Rodríguez)

gustaríame ser as tapas que o cobren, as páxinas que o forman e os debuxos que o alegran (Alberto Blanco)

relataría miles de historias con encanto para que a xente as disfrutase (Carla González Silva)

gustaríame que entre as miñas páxinas todos os rapaces atoparan o conto perfecto, a historia que fixera que se deran conta de que comigo tamén se pode soñar, estar en lugares inimaxinables, vivir unha gran historia de amor ou o máis terrible dos pesadelos (Julia Cacheda Couto)

 gustariame enmeigar coas miñas historias ós nenos máis aventureiros (Nerea Álvarez) 

gustaríame ser lido todas as noites por un pai a un fillo antes de durmir (Miguel González Taboada)

gustaríame estar en mans de todas as persoas, para así poder cultivar nas súas mentes todas as historias do meu interior (Jorge González)

gustaríame ser tan agarimado polos nenos como os nenos son agarimados polas súas nais (Anxo Gil Figueiras)   

gustaríame estar nun lugar acolledor no que apreciaran as miñas páxinas e que a miña historia cada día a vexan dunha maneira diferente e apaixoante causando novas emocións (Ánxela Barrio)

gustaríame provocar intriga aos meus lectores (Silvia Bruguera Pereiro) 

 gustaríame ter tantos debuxos que as persoas que miran se sintan dentro de min (Noelia García)

gustaríame estar nunha biblioteca moi grande con diferentes libros para poder aprender cousas novas dos meus compañeiros. (Telmo García)

gustaríame ser de medo e suspense e manterte enganchado ata a derradeira páxina como se estiveras agarrado a min (Andrea García Méndez)

 gustaríame que o meu dono ou dona me tivese como libro favorito (Montse Vázquen Froiz)  

gustaríame entrar nas mentes máis brillantes, aquelas mentes que van na procura do saber, aqueles/-as que teñen inquedanzas con certas cousas, as que se nutren de coñecemento, de aventura... etc (Francisco Javier Rivas Santomé) 

Se eu fose un libro gustaríame que o meu dono me coidase coma se fose o seu regalo máis preciado, o seu valioso tesouro. Gustaríame que me lese despacio, saboreando cada palabra e que pasase con coidado as páxinas para non perder detalle.
Gustaríame poder facelo rir, e roubarlle algunha bágoa. Tamén me gustaría que non quixese rematarme, rematar a miña historia, esa historia que compartín con el; que unha vez rematada espero que nunca olvide. (Cristina Costela Seara)


Se eu fose un libro tería mil follas en branco para que cada persoa que me tivese imaxinara a súa propia historia (Alba García)

Se eu fose un libro, tería todalas cores e os contos máis fermosos (Luna Ferradás) 


Se eu fose un libro gustaríame imaxinar a cara que poñerían os nenos e nenas cada vez que viran a miña portada ; para saber se en verdade son bonito e divertido. (Vanesa Lalín Pousa)



Se eu fose un libro gustaríame transmitir alegría aos nenos e nenas que me teñen nas mans. (Katia Pereira)
 
Se eu fose un libro atoparíame na mochila dun rapaz especial. (Cristian Domínguez)

Se eu fose un libro tería sentimentos despregables. (Laura Mariño)

Se eu fose un libro gustaríame ter páxinas en branco, para que cada persoa que me lese redactase os seus sentimentos e pensamentos nel (Paula Vázquez)