domingo, 9 de febreiro de 2014

Obradoiro de poesía con Carlos Negro

Comezamos co proxecto de Excelencia do IES Pintor Colmeiro e o IES Pintor Laxeiro. O primeiro obradoiro que realizamos correu a cargo de Carlos Negro, quen boa parte do tempo adicouse a esgrimir argumentos en contra de que a poesía "é aburrida" tal como opinaba boa parte do alumnado. Para isto, amosou un montón de poemas diferentes explicando como a poesía serve para todo e cabe en todos os lugares. A seguir, foron os rapaces e as rapazas as que tiveron que facer poemas a partir das súas propostas.


O Grupo Póetico "Toxo" composto por Helena, Rubén, Eugenia e Mariña debían facer un poema de "medos". Este é o resultado:

Medo a non espertar
Medo ás arañas
Medo a caer da cadeira
Medo a non poder sobrepasar os problemas
Medo a non ter medo
Medo a ter medo
Medo a non integrarse
Medo a vivir
Medo a pensar demasiado
Medo a caer e non poder levantarse
Medo a non vivir
Medo a perder o móbil
Medo a non cambiar
Medo a cambiar demasiado
Medo a que me leve o ar
Medo a suspender
Medo a ser asasinada
Medo a non ter a ninguén
Medo a quedarme sen comunicación
Medo a que os meus medos se fagan realidade
Medo á melancolía


Pola súa parte, Luisa, Gala, Julia e Alba debían facer unha "Lista de cousas qeu os humanos encontrarán... NO MAR"

- Espiñas de peixe prehistórico
- A culler da última cea a bordo do Titanic
- A Nemo
- Sal
- As luvas que utilizou miña nai onte para lavar a louza e extraviou
- As chaves (no fondo do mar)
- Unha bolsa de "Lay's" a punto de sal
- A "Perla Negra"
- Unha pluma do gorro de Jack Sparrow
- A entrada segreda a Mako
- Polbo á feira
- Buzos, varios
- A Bim Landem
- 3.584 e media botellas con mensase S.O.S
- Un parasol de Coca-Cola
- O anel de Frodo
- O colar de Rose
- Unhas gafas Rayban último modelo, 400€ en Hipercor
- A Nessie de vacacións
- Amores afogados
- Auga


Adrián, Juan Manuel, José e Paula debían recortan palabras dos xornais para logo unilas aleatoriamente:

Galicia con alma
As persoas buscan relatos abandoados
PP Drogas Rusos Estancados
Na vida todo son fracturas
O país perdeu a automotivación para a vida


O cuarto grupo formado por Guillermo, Noelia, Ánxela e Andrea soubo que son as greguerías. Logo de informárense, realizaron estas:

O rancor é a auga no fondo dun pozo
O amor é facer rally no corazón
A "h" é a escaleira do alfabeto
A dúbida é a espiña que sempre está presente
A "A" é o símbolo máis importante en PArís
O parafuso é unha cabeza peiteada coa raia ao medio
Un inimigo é un pelo que o cortas pero sempre volve
O perdón é o Típex da vida, tentas borralo pero sempre queda algo aí.