xoves, 3 de abril de 2014

Obradoiro de narrativa con María Reimóndez

A segunda reunión do proxecto de Excelencia do IES Pintor Colmeiro e o IES Pintor Laxeiro impartiuse en Lalín coa presenza de María Reimóndez
E escribiron, escribiron, escribiron.
Algúns exemplos:


MARIÑA CASTRO:

O cheiro do pan, ese arrecendo da mañá que saía da panadaría evocáballe paz... e fame. Ao saír da tenda nese día soleado coa boliña de pan na bolsa veu pola rúa unha vella coñecida. Mellor dito, vía todo o que a miopía lle permitía.
- Demo! Esquecín as lentes na casa. Olvídome todo... Pero, e esa non é Luz? Ai, si. Olaaaaaa -saudou alegremente.
Luz ficou sentada nun banco da rúa. Non a mirou sequera. Só lle dixo alzando a vista cara ao ceo despexado:
- A luz borrosa das lúas veo ao monstro. Por que é un monstro? Porque o axitamento da súa alma de cripta zoa e provoca vendavais.
Daquela comezou a chover.
A rapaza quedou de pedra ante as palabras de Luz. Soaban tan escuras! E comezaron a correr sen razón, tiña medo e decateime de que ao pan lle caera unha pinga de auga. E máis, e máis. Agora que o lembraba, Luz tiña unha nai que se chamaba Chuvia. Unha muller encantadora. Coñecéraa no enterro de Luz.