martes, 18 de xuño de 2013

O Ambicioso

Dende o Concello convidáronnos a participar no seu concurso de Microcurtas sobre unha tradición, para o Día das Letras Galegas.
Ana Colmeiro resultou a gañadora:

Zeus estaba no seu trono cando un servo lle trouxo un agasallo dos labregos da Terra. Era unha bandexa chea dunhas galletas con buracos no medio. Rosquillas. O deus dixo que en todo o Olimpo non había un postre como aquel e pediulles aos labregos que lle desen a receita. Estes negáronse e Zeus enfadouse.
Pediulle a Afrodita que nomorase a un labrego e lle roubase a receita. Pero o labrego non lla dixo a Afrodita e Zeus irou aínda máis.
Así é que cando se celebra a festa da Rosquilla, Zeus visita Galicia e rouba cinco bandexas dela.